InicioSucesosDetido un home por agredir a outro nunha pelexa en Lugo

Detido un home por agredir a outro nunha pelexa en Lugo

A investigación continúa aberta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá detiveron un home veciño da cidade de Lugo, de 54 anos e sen antecedentes policiais, por agredir a outro home, co que convive, cun coitelo no marco dunha suposta pelexa.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron sobre as 21,00 horas deste xoves, cando se personaron en dependencias policiais da Rúa Chantada dous homes, un que “sangra abundantemente pola boca e o outro polo brazo dereito”.

Ante iso, axentes proceden a dar asistencia medica de inmediato e solicitaron a presenza de servizos sanitarios na comisaría, onde separaron a ambos os individuos “por precaución”, concretaron as mesmas fontes.

Unha vez os policías falaron con eles de forma individual, o lesionado no brazo dereito manifestou que fora atacado polo outro cun coitelo, ante o que se procedeu a un cacheo de ambos, pero non localizaron nada.

“Das manifestacións de ambos inférese que pelexaron no seu domicilio e que o agresor saíu correndo detrás do agredido co coitelo na man, co que un dos funcionarios procede a realizar ese traxecto andando para localizar a arma utilizada”, indicou a Policía.

Deste xeito, foi localizado un coitelo con restos de sangue nunha papeleira da rúa Concepción Arenal, “que podería ser a arma utilizada”, destacaron as mesmas fontes policiais.

No marco das pescudas, realizouse un rexistro no domicilio onde habitan outros dous homes, dos cales só estivo presente un, que manifestou que observara que os dous que acudiron a dependencias policiais pelexaron, pero non viron ningunha agresión.

Despois da atención médica a ambos e vistos os feitos, procedeuse á detención do autor da puñalada e continúa a investigación aberta a fin de comprobar o alcance das lesións na boca do agora detido.

De todo iso informouse á autoridade xudicial, ante a que se porá a disposición ao detido nas próximas horas.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...