InicioSucesosAuxilian un octoxenario que camiñaba desorientado pola N-VI

Auxilian un octoxenario que camiñaba desorientado pola N-VI

O ancián, que foi localizado en Outeiro de Rei, aseguraba estar regresando ao seu domicilio, sobre o que indicaba un enderezo que non se correspondía co lugar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil auxiliou o pasado domingo a un octoxenario que camiñaba desorientado e perdido pola beira da N-VI, á altura do concello de Outeiro de Rei, mentres intentaba regresar á súa casa.

Ocorreu o día 10 de maio, algo antes das once da noite. Unha patrulla que prestaba servizo nesta estrada observou un peón na beiravía. Debido á hora e á avanzada idade do camiñante, que resultou ter 80 anos, os axentes detiveron a súa marcha para falaren con el. O home manifestou que se estaba dirixindo á súa casa, pero dende un primeiro momento deu mostras de incongruencia nas súas respostas, así como indicios de desorientación. 

Portaba un teléfono móbil no que recibía constantes chamadas, que el cortaba sen contestar ao alegar que xa estaba preto da súa casa. A preguntas dos axentes, explicou que o seu domicilio estaba a cen metros daquel lugar e mesmo facilitou o nome dunha rúa. Este feito acrecentou as sospeitas da Garda Civil, xa que se atopaban nunha zona rural sen construcións próximas.

Finalmente, os axentes conseguiron falar por teléfono coa filla do octoxenario, persoa que o chamaba insistentemente ao teléfono. Levaba dende as 20:00 horas da tarde tentando localizalo, preocupada porque o ancián non regresara á casa logo de pasear. Ante a negativa do señor para ser acompañado polos axentes ata a súa casa, acordaron que sería a filla quen fose buscalo. Finalmente, esta fíxose cargo do coidado do pai e trasladouno ata o domilio onde ambos conviven, sito na localidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...