InicioSociedadeSer nai en risco de exclusión durante o estado de alarma: "Fago...

Ser nai en risco de exclusión durante o estado de alarma: “Fago milagros como podo”

As dificultades no rural tamén afectan a persoas que viven en risco de exclusión social con familias ao seu cargo. O problema é maior cando se trata de mulleres separadas ou divorciadas con nenos. A actual situación económica moitas veces impide que se poidan cumprir os termos de mantenza para os fillos e fillas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Carmen pasa dos corenta anos, vive nun piso de aluguer nunha cabeceira de comarca rural. A maior parte da súa vida laboral estivo ligada á hostalaría, á cociña ou ben foi camareira de cuartos en hoteis. Conta que o último lugar onde estivo traballando “ía moi ben, mais as condicións eran terribles, traballaba de noite e para coidar o neno tiña que estar aquí a miña nai”. O hotel pechou. Carmen leva desde entón case catro anos sen traballo.

A isto engádese que a súa situación persoal pasa por unha tramitación de divorcio paralizada polo estado de alarma. Vive soa co seu fillo de sete anos e paga un aluguer de 300 euros. Para facerlle fronte, di, “cobro a RISGA, que son catrocentos euros e pico e o pai do rapaz pásame diñeiro cando quere ou pode. Tamén cobrei a axuda familiar durante dous anos”.

O DÍA A DÍA

A alimentación, as facturas e outros gastos necesarios, son o gran cabalo de batalla para Carmen e todas as persoas que viven unha situación semellante. Recorre a Portas Abertas, unha asociación que busca a mellora da calidade de vida das persoas que viven no rural. “Recibo alimentos non perecedoiros, merco conxelados e peixe. Se merco polo, o máis barato”.  “Non fago moita comida e se fago de máis, conxéloa”. Ela mesma recoñece que fai equilibrios para que non falte de nada. Tamén conta coa axuda de veciñas que “teñen galiñas e me pasan ovos”.

Sobre os pagamentos de luz e auga, Carmen sinala que “as facturas de luz págamas a Xunta. Logo cada certo tempo venme a factura de gas e se non podo pagar non mo cobran”. Aínda así, ela mesma di que non pode estar acumulando facturas porque logo non pode pagar toda esa cantidade de diñeiro. “Vou pagando cando podo”. “A outra factura é o teléfono, que cando me pasan a paga xa mo descontan”.

Podes ler a reportaxe completa, da man de Moncho Mariño, no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...