InicioLugo e contornaLugoLugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar...

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno anuncia que a viaxe entre ambas as cidades se reducirá a 50 minutos coa apertura do último tramo da infraestrutura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada por estrada coa capital galega o próximo verán, grazas á finalización do último tramo da autovía A-54. Blanco realizou estas declaracións durante unha visita ás obras da estación Intermodal de Lugo, onde puxo en valor o estado avanzado desta infraestrutura viaria. Segundo explicou, o tramo pendente está próximo a concluír, o que permitirá reducir o tempo de viaxe entre Lugo e Santiago a apenas 50 minutos.

Estamos a cumprir tamén nesta infraestrutura clave, que leva décadas sendo unha demanda da cidadanía“, subliñou o delegado, quen destacou a importancia desta conexión para mellorar a mobilidade e reforzar a vertebración territorial. A posta en servizo completa da A-54 suporá, segundo incidiu, un avance significativo nas comunicacións de Lugo, facilitando os desprazamentos tanto de particulares como de actividade económica e consolidando unha conexión directa e rápida con Santiago de Compostela.

+ posts

ÚLTIMAS