InicioPolíticaEquigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición...

Equigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición entre o 8 e o 17 de maio

Tal e como trasladou o Goberno provincial nunha nota de prensa, a presidenta remarcou que a cita ecuestre é "moito máis que un evento", senón que é un "espazo que xera actividade económica, impulsa o comercio, os servizos e o turismo e contribúe a proxectar Lugo como unha provincia dinámica e con capacidade organizativa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o responsable do Pazo de Feiras, Rubén López, asinaron un convenio de colaboración polo cal a institución provincial destinará 40.000 euros para financiar unha nova edición de Equigal Salón Internacional do Cabalo de Galicia, que terá lugar entre o 8 e o 17 de maio.

Tal e como trasladou o Goberno provincial nunha nota de prensa, a presidenta remarcou que a cita ecuestre é “moito máis que un evento”, senón que é un “espazo que xera actividade económica, impulsa o comercio, os servizos e o turismo e contribúe a proxectar Lugo como unha provincia dinámica e con capacidade organizativa”.

Nesta liña, sinalou que se fala de “miles de visitantes máis dun centenar de cabalos de competición e dun movemento económico que nos medios de comunicación cifraron por encima do millón de euros”.

Carmela López enmarcou neste contexto o apoio da Deputación de Lugo para fortalecer o papel do Pazo de Feiras como “motor de dinamización” da provincia e subliñou que a Deputación continuará apoiando este tipo de iniciativas “que funcionan, xeran valor e contribúen ao desenvolvemento de Lugo”.

A nova edición de Equigal abrirá as súas portas o venres 8 de maio, cunha exhibición da Garda Real. Posteriormente, entre o sábado 9 e o domingo 10 de maio terá lugar o concurso morfológico; do luns 11 ao xoves 14 os bautizos ecuestres para o alumnado de colexios; e do venres 15 ata o 17 terá lugar o Concurso Morfolóxico de Cabalo de Raza Galega (PRG).

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...

Reigosa denuncia insultos e lanzamento de moedas antes da moción que pode cambiar o goberno de Lugo

A concelleira non adscrita María Reigosa confirmou a presentación dunha denuncia ante a Policía...

As obras da intermodal de Lugo estarán finalizadas en xuño

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, asegurou este luns que as obras...

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...