InicioSociedadeOs concellos a cabalo de Lugo e Asturias piden flexibilizar a mobilidade...

Os concellos a cabalo de Lugo e Asturias piden flexibilizar a mobilidade entre municipios lindeiros

A asociación InterEo, na cal se integran A Fonsagrada, Baleira, Negueira e Ribeira de Piquín, sinala que se perderá "o 50% dos recursos" ao non estaren permitidos os desprazamentos interprovinciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Asociación InterEo, que forman 14 municipios da provincia de Lugo e de Asturias, enviou unha carta ás delegacións do Goberno no Principado e en Galicia na que, trala aprobación do plan de desescalada que contempla a provincia como elemento referencial de mobilidade territorial, reclama que se flexibilicen os desprazamentos por concellos limítrofes. Sitúan como referencia máxima os dous municipios arredor das fronteiras entre as dúas comunidades.

O colectivo de municipios, que engloba sete concellos galegos —A Fonsagrada, A Pontenova, BaleiraNegueira de Muñiz, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada—  e outros tantos asturianos —Castropol, San Martín de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos, Taramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos—, remarca na misiva que a agrupación é “un reflexo da relación socioeconómica dos nosos veciños”.

“Se nos quitan a mobilidade entre concellos limítrofes é como quitarnos o 50% dos nosos recursos”, lamentan na carta. Familias separadas, propiedades repartidas entre as dúas comunidades ou unha menor incidencia do coronavirus nesta área son outras das xustificacións que alegan. Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...