InicioSociedadeA área sanitaria de Lugo supera os 200 casos activos por coronavirus

A área sanitaria de Lugo supera os 200 casos activos por coronavirus

A Consellería de Sanidade estima que os casos de coronavirus baixaron un 1,5%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra 222 casos activos dos 3.187 en Galicia, 771 correspóndense coa área sanitaria da Coruña, 613 coa de Ourense, 186 coa de Pontevedra, 773 coa área de Vigo, 475 coa de Santiago e 147 coa área sanitaria de Ferrol.

Estes datos da Consellería de Sanidade evidencian que os diagnósticos de coronavirus diminuíron un 1,49%, pero isto supón unha caída menor que a rexistrada a pasada xornada (3,6%) e que a anterior (3,8%). O mesmo sucede coas persoas dadas de alta, a pesar de que hai un 1,57% máis, o balance é menor que o do sábado (2,8%) e o venres (4,3%).

Cinco persoas permanecen en UCI, dous no Hospital Público da Mariña e tres na do HULA. Hai seis persoas hospitalizadas, 3 no Virxe dos Ollos Grandes e 3 no HULA. Monforte rexistrou 0 ingresos, Mariña tamén ten 0 hospitalizacións por COVID-19.

En total, 863 casos levan afectado á provincia de Lugo contando altas e falecementos. As altas foron de 615 o pasado sábado día 2 de maio e o número de falecidos é de 26.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...