InicioSucesosPrisión para un lucense que facía botellón e que xa fora detido...

Prisión para un lucense que facía botellón e que xa fora detido seis veces por saltar o confinamento

Tras a advertencia dos axentes policiais, o home resistiuse e asegurou que ía seguir consumindo alcol no portal dun edificio "porque ninguén lle tiña que dicir o que podía ou non podía facer".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo un home de 36 anos veciño da cidade de Lugo cando realizaba un botellón con outros tres amigos durante o estado de alarma. O home xa fora arrestado en seis ocasións anteriores por saltarse o confinamento, polo que finalmente foi enviado a prisión.

Segundo informou a Policía Nacional, varios axentes viron tres homes que consumían bebidas alcohólicas na entrada dun edificio situado na confluencia da rúa Conde coa Rolda da Muralla. Advertíuselles de que tal conduta era contraria ao establecido na norma do estado de alarma, e máis aínda ao atopárense “sen protección, sen medidas de seguridade e sen manter a distancia requirida para evitar contaxios”.

Dous deles marcharon aos seus domicilios, pero o terceiro resistiuse mentres aseguraba que “seguía de festa e que ninguén lle tiña que dicir o que podía ou non facer”, segundo indicou a Policía.

Ante os antecedentes do home —que xa fora detido en seis ocasións e sancionado tres veces por incumprimentos similares—, os axentes procederon a un novo arresto e ao seu traslado a dependencias policiais. Tras pasar a disposición da autoridade xudicial o sábado xunto con todo o actuado, foi decretado o seu ingreso en prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...