InicioEconomíaAs patacas de Lugo viaxan por toda España para axudar as familias...

As patacas de Lugo viaxan por toda España para axudar as familias máis necesitadas

A Xunta comprou 100 toneladas deste produto a agricultores locais para paliar a crise e dar saída aos excedentes. Esa cantidade, xunto con outras 30 toneladas doadas por un produtor, foron entregadas ao Banco de Alimentos de Lugo para a súa distribución polas sedes de Cáritas de todo o Estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Consellería do Medio Rural comprou 100 toneladas de patacas e un produtor cedeu outras 30 para entregarllas hoxe ao Banco de Alimentos de Lugo, desde onde serán distribuídas ás diferentes sedes de Cáritas en toda España para que cheguen ás familias máis necesitadas.

Medio Rural comprou esas 100 toneladas de patacas a través da súa iniciativa Mercaproximidade, unha nova canle de comercialización de produtos agrícolas galegos para paliar o peche da hostalaría e dos mercados locais durante a crise sanitaria.

As outras 30 toneladas que tamén foron entregadas hoxe foron cedidas por un produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá unha videoconferencia co delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, para informalo dos pormenores desta entrega, que foi realizada en sacos de 20 quilos para facilitar a distribución das patacas.

Con esta iniciativa, precisa Medio Rural, o goberno galego colabora para “darlle saída aos excedentes de agricultores e gandeiros da nosa comunidade” e “contribúe a minimizar a perda de ingresos que poidan ter estes produtores debido ao peche das súas canles habituais de comercialización. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...