InicioSociedadeSor María Trinidad, "unha muller moi forte" que superou o virus con...

Sor María Trinidad, “unha muller moi forte” que superou o virus con case 102 anos

Edelmira Prado recibiu este mércores a alta hospitalaria no HULA entre aplausos, tras uns vinte días ingresada. Moi activa na actividade da parroquia da Milagrosa, en Lugo, esta relixiosa é "moi coñecida e querida" polos fregueses, que xa agardan poder volver vela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Luís Ramudo – EFE | Edelmira Prado Prado, sor María Trinidad ou ‘Trini’, como a coñecen cariñosamente na parroquia da Milagrosa, en Lugo, converteuse o martes, aos seus case 102 anos, na persoa máis lonxeva en superar a COVID-19 nesta provincia.  Tras varias semanas ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), a relixiosa recibiu a alta no día de onte, segundo informou o propio Sergas.

O párroco da Milagrosa, José Antonio Ferreiro, acolleu a noticia da recuperación de Trini con alegría e lembrou que aínda que “a súa figura pareza débil”, esa condición non debe conducir a engano, porque é “unha muller moi forte”. Diso, sen dúbida, dá fe o seu superado século de vida. En pouco máis dunha semana, se todo segue tan ben como ata o de agora, poderá celebrar o seu novo aniversarios.

“MOI COÑECIDA E QUERIDA” NA MILAGROSA

“É unha muller moi forte”, manifesta a Efe Ferreiro, “e non o digo só porque vencese á enfermidade”, senón tamén porque a pesar da súa avanzada idade, Trini sempre mantivo unha intensa actividade na parroquia da Milagrosa, onde é “moi coñecida e querida” polos fregueses.

Esta irmá da Sagrada Familia de Burdeos “levaba unha vida completamente activa” e “facía moitas cousas”, precisou o párroco, dado que se ocupaba do servizo de axuda na sancristía da parroquia.  Pasaba moitas horas alí, porque era “a súa ocupación e a súa preocupación”, detalla o sacerdote. Non en balde foron moitos os fregueses que preguntaron por ela nas últimas semanas —estivo uns vinte días ingresada no HULA— e que agora esperan o seu regreso á parroquia.

A EMOCIONANTE SAÍDA DO HULA

Este 22 de abril, cando recibiu o alta na área de hospitalización, a paciente foi despedida con aplausos por parte do persoal sanitario que se ocupou do seu coidado durante os últimos días, mentres se escoitaba de fondo a canción do Dúo Dinámico que xa se converteu en todo un himno: ‘Resistiré’.

Eu non merezo tanta atención“, espetou sor Trini ante as continuas mostras de agarimo, tal como recolleu o diario El Progreso de Lugo. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...