InicioSucesosDetido un menor que ía de festa en Lugo tras saltar o...

Detido un menor que ía de festa en Lugo tras saltar o confinamento en sete ocasións

A Policía Nacional atopouno con outros dous mozos na estrada de Ombreiro mentres baixaban dun coche cunhas litronas na man.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada de Seguridade Cidadá de Lugo detiveron a un menor veciño da cidade por incumprimento do estado de alarma tras ser localizado cando baixaba dun coche con outros mozos cunhas litronas. O mozo fora sancionado xa en sete ocasións anteriores.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon na madrugada deste mércores, cando efectivos de Radiopatrullas observaron na estrada de Ombreiro a tres rapaces que saían dun vehículo que acababan de estacionar. Daquela, os axentes dirixíronse aos ocupantes do vehículo para proceder a sancionar a súa conduta, contraria ao estado de alarma.

Os identificados e ocupantes do turismo manifestaron que “estaban de festa”, co cal se procedeu á súa denuncia. En canto ao condutor, realizóuselle a proba de alcolemia nas dependencias de San Fiz tras acudir ao lugar a Policía Local.

No que se refire ao menor detido, negouse “de forma reiterada arecluírse no seu domicilio”. De feito, comprobouse que horas antes xa fora sancionado e trasladado á súa vivenda por parte da Policía Local.

Debido a iso procedeuse á súa detención e traslado a dependencias da Policía Nacional, onde se realizou o atestado que será remitido á autoridade xudicial. Durante o traslado, e tamén unha vez alí, o arrestado “golpea, insulta e arremete” contra os policías actuantes, segundo destacaron as mesmas fontes, que puntualizaron que non depuxo “a actitude agresiva en ningún momento”. De todo iso informouse ao Ministerio Fiscal, a cuxa disposición será posto este xoves.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...