InicioDeportesNovamente, un Lugo competitivo (1-1)

Novamente, un Lugo competitivo (1-1)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Club Deportivo Lugo sumou un punto (1-1) en León ante a Cultural y Deportiva Leonesa e suma xa 54 puntos, a dous da súa máxima puntuación histórica en Segunda, acadada en 2013 con Quique Setién coma adestrador. Os albivermellos encadenan catro xornadas sen perder. Ademáis, tentan mellorar a novena posición obtida a tempada pasada con Luís César Sampedro coma adestrador, mellor posto histórico do equipo na segunda división.

Os lucenses xogaron co sistema habitual das anteriores dúas xornadas: tres centrais e dous carrileiros. Pero no minuto 33, xa con 1-0, Francisco Rodríguez, adestrador do Lugo, sustituiu ao central Josete Malagón e introduciu ao extremo Iriome. Porén, novamente dous centrais.

Antes, o Lugo tivo a primeira opción nunha volea cruzada do volante Sergio Gil despois dun rexeite. O balón saiu alto.

A Cultural adiantouse no minuto 18 cun gol do central David García ao rematar no segundo pao despois dunha asistencia de Iván González. Os leoneses, adestrados polo galego Rubén de la Barrera, tiveron a opción de marcar o 2-0 nun remate de Josep Señé, ex Celta, que parou o cancerbeiro chantandino Roberto Fernández, titular por vez primeira en Liga.

Sétimo gol de Cristian Herrera

Na segunda metade, o Lugo dominou en prol do empate. No minuto 53, o dianteiro Daniel Escriche cabeceou alto un bo centro do lateral dereito compostelano Álvaro Lemos. Os albivermellos insistiron e acadaron o premio cun penalti provocado por Iriome no minuto 81. Cristian Herrera lanzou, Jorge Palatsí parou en primeira instancia, pero Herrera definiu no rexeite anotando o seu sétimo gol da tempada, seis lonxe da casa.

Dende aí, a Cultural buscou o 2-1, pero sen opción claras.

Cultural y Deportiva Leonesa 1: Jorge Palatsí; Ángel Bastos, David García, Iván González, Ángel García; Mario Ortiz (sustituido por Samu no minuto 87), Sergio Marcos (reemplazado por Yeray González no minuto 76), Josep Señé; Emiliano Buendía, Rodri Ríos e Antonio Martínez (cambiado por Thierry Moutinho no minuto 66).

Club Deportivo Lugo 1: Roberto Fernández; Álvaro Lemos, Josete Malagón (sustituido por Iriome no minuto 33), Carlos Pita, José Carlos, Luis Ruiz; Fernando Seoane, Ramón Azeez, Sergio Gil (reemplazado por Antonio Campillo no minuto 62); Jaime Romero (cambiado por Cristian Herrera no minuto 74) e Daniel Escriche.

Goles: 1-0 de David García no minuto 19 ao rematar no segundo pau. 1-1 de Cristian Herrera no minuto 81 ao aproveitar o rexeite dun penalti lanzado por el mesmo.

Estadio Reino de Léon. 9331 espectadores. Arbitraxe de Pulido Santana. Tarxetas amarelas para os locais Ángel García, Ángel Bastos, Isaac Carcelén, así como aos lucenses Carlos Pita, Ramón Azeez, Antonio Campillo e Daniel Escriche.

Xogadores do Racing Vilalbés nun encontro da fase de promoción / Liga

Foto de LaLiga.es

ÚLTIMAS

Primeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación dos orzamentos

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha primeira valoración dos seus primeiros...

ALCER recibe os parabéns da Deputación por “mellorar a calidade de vida” das persoas con doenza renal

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu á Asociación para a...

Detidos dous veciños de Lugo por supostas agresións ás súas respectivas nais

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a dous veciños da cidade, como supostos...

Miguel Fernández, novo alcalde de Lugo

Miguel Fernández converteuse este martes no novo alcalde de Lugo, o terceiro en dous anos,...