InicioCulturaUn concurso de curtametraxes para a mocidade confinada

Un concurso de curtametraxes para a mocidade confinada

Rapazas e rapaces de entre 14 e 35 anos empadroados no concello de Lugo poderán rodar unha peza audiovisual, cun máximo de 1 minuto de duración, e optar a premios baseados en experiencias de aventura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Inmersas nunha continua busca de actividades e propostas de ocio nas que pasarmos o tempo nas nosas casas, chega a Lugo unha alternativa interesante. O Concello lanza un certame de curtametraxes dirixido á mocidade para promover a creatividade e imaxinación durante o confinamento.

No concurso, impulsado pola área da Xuventude, poderán participar mozas e  mozos de entre 14 e 35 anos empadroados en Lugo, que estuden ou traballen neste municipio. Deberán presentar curtas que foran rodadas no interior do domicilio, coa axuda de calquera dispositivo, e que teñan un máximo de 1 minuto de duración.

“O que se pretende con esta iniciativa é animar á poboación xuvenil e dar opcións para que aproveiten as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas”, explica Ana González Abelleira, responsable da área de Muller, Igualdade e Xuventude.

REQUISITOS, PRAZO E PREMIOS

As pezas, que deberán ser orixinais e inéditas, deberán levar canda si un título e, no caso de non empregar a lingua galega, é obrigatorio que teña subtítulos. O prazo de presentación vence ás 21:00 horas do domingo 10 de maio.

Respecto dos premios, contémplase un por categoría (hai tres, por grupos de idade) e estarán baseados en experiencias de aventura. Un tribunal formado por tres membros do eido cultural e audiovisual do municipio decidirá a proposta gañadora tendo en conta a calidade artística das obras, a orixinalidade e/ou imaxinación, así como o feito de abordar temas que enxalcen a solidariedade humana e a súa capacidade de supervivencia ante dificultades.

As bases completas poden consultarse na web do Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...