InicioOpiniónDía 33 de corentena: o comercio local necesítanos

Día 33 de corentena: o comercio local necesítanos

"As ventas online disparáronse co confinamento. Esta crise pode consolidar Internet nos hábitos do cliente. Se egoistamente o cliente acepta a situación, o comercio de proximidade acabarase".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández | Cambian as vosas prioridades ou refórzanse as que xa tiñades? Queredes volver á vida de antes ou hai cousas daquela vida que agora queredes cambiar? Ademais do que xa cambiará por si mesma… O confinamento fainos pensar no básico, na familia, no próximo. Impórtanos máis o que pase no noso concello ca en París; impórtanos máis o que ocorra no noso edificio ca no Hula. E así eu volvín pensar no comercio de proximidade e no sector primario.

Co confinamento as ventas de videoxogos aumentaron, intensificouse o teletraballo, as plataformas dixitais gañan suscriptores, as redes sociais arden, Amazon aumenta as súas ventas cada día. Funciona un pouco como a COVID-19, sen chegar a matar, esténdese a todos os ámbitos.

O caso é que a COVID-19 paralizou a práctica totalidade do comercio de proximidade e ao mesmo tempo puxo en auxe internet. As ventas online disparáronse co confinamento e o comerciante á outra beira do teléfono lembra a importancia de comprar no comercio local cando a situación o permita. “Esta crise e o confinamento poden consolidar internet no cliente, ver que poden vivir comprando por internet e poden concluír que xa non necesitan ao comercio local. Se egoistamente o cliente acepta a situación, igual por unha decisión estética de camiñar por rúas sen comercios, o comercio acabarase. Se non somos funcionais non nos poderemos salvar e teremos que comezar a mirar internet con outros ollos e comezar a vender por internet”.

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...