InicioSociedadeUnha rúa de Lugo dedicada aos "heroes" que traballan contra o coronavirus?

Unha rúa de Lugo dedicada aos “heroes” que traballan contra o coronavirus?

O grupo municipal do PP no Concello de Lugo propón recoñecer así o esforzo de profesionais e persoas anónimas. Tamén suxire a celebración dunha misa polos falecidos na pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O grupo municipal do Partido Popular propón dedicar unha rúa na cidade de Lugo a todos os “heroes” que están a loitar contra o coronavirus e a todas aquelas persoas que co seu esforzo persoal están a permitir que todos os demais poidan manter o confinamento decretado no estado de alarma.

Para recoñecer ese papel que están a desempeñar moitos colectivos e persoas anónimas na cidade, o PP ofrece outras alternativas como “colocar unha placa conmemorativa nun lugar emblemático, un recital ou ben celebrar unha misa polos falecidos e polos profesionais que nos axudaron a saír desta pandemia”.

O grupo municipal anunciou que instará o goberno local, “cando todo volva á normalidade, “a acordar co resto de partidos da corporación un recoñecemento ás vítimas que se está cobrando no municipio esta crise sanitaria”. Un acto, precisa tamén o portavoz do grupo municipal, Ramón Carballo, que “visibilice o papel dos sanitarios, traballadores de residencias da terceira idade, exército español, corpos e forzas de seguridade, persoal de limpeza, transportistas, sector da alimentación e medios de comunicación“.

Ramón Carballo apela ao diálogo e pide ao goberno local que “deixe de lado a súa actitude de impoñer medidas unilaterais sen contar coa opinión do grupo maioritario da corporación, dado que neste tipo de homenaxes non teñen cabida intereses partidistas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...