InicioSociedadeO decano de Avogados de Lugo: "Esta crise vai deixar tirados a...

O decano de Avogados de Lugo: “Esta crise vai deixar tirados a moitos profesionais”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Son un deses colectivos declarados esenciais polo Goberno central no real decreto polo que se declarou o estado de alarma, pero o seu traballo, de primeira necesidade, transcorre de forma “silenciosa” mentres tratan de garantirse os dereitos das persoas detidas e presos, así como outra parte moi que é moi relevante, a asistencia ás vítimas de violencia machista.

En Galicia teñen moito peso os pequenos despachos de autónomos. Dentro deste colectivo, un labor aínda máis “esencial”, como así o ven os propios avogados e a Xunta, fano os avogados da quenda de oficio, aqueles que nunca poden dicir “non” cando son chamados, en calquera momento, nas súas xornadas de 24 horas de garda.

En xeral, todos os avogados consideran que hai unha “parálise total” na actividade ordinaria, o que deixa sen traballo non só para estes meses aos avogados, senón que temen que cando empezo a flexibilizarse o estado de alarma, se multipliquen os asuntos. No entanto, auguran, non se poderán cobrar de forma inmediata, pola falta de liquidez dos clientes.

O decano de Lugo, Félix Mondelo, sinalou que xa viñan “padecendo a crise, pero que se “puxeron ao día” e que “empezaban a repuntar”, esta situación vainos a “deixar máis tirados”. Ademais, indicou que mentres que os comúns baixaron, incrementáronse as “desobediencias polo quebrantamento” do estado de alarma, algo que tamén detectaron outros avogados consultados. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Clausuradas as caldas do río Miño ao detectar Legionella nos vestiarios

O Concello de Lugo ordenou a clausura das caldas do río Miño ao detectar a presenza...

O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento Europeo para reclamar unha "análise en...

Norvento Enerxía: un exemplo de eficiencia e autosuficiencia enerxética

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo este venres o...

O PP lucense convoca reunión interparlamentaria para abordar a mobilidade

O PP lucense celebrará este sábado 21 de setembro unha reunión interparlamentaria na que...