InicioOpiniónDía 27 de corentena: tempo para redescubrir vellas series

Día 27 de corentena: tempo para redescubrir vellas series

Estes días de reposicións na tele preguntaban que nos gustaría que se recuperase: quédome con 'Doctor en Alaska', que non está nas nosas bibliotecas de Alexandría audiovisuais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Estes días de reposicións na televisión -os Tours de Induráin, a Recopa do Zaragoza, mesmo o programa de Eva Nasarre– preguntaban por Twitter que serie nos gustaría que repetisen para aliviar a corentena por mor do coronavirus. Houbo quen pediu ‘Luz de luna‘, aquela traxicomedia vertebrada sobre unha relación de amor/odio entre Cibyll Shepherd e Bruce Willis, ambos detectives privados. Lémbrome que a vía tirado na alfombra, con cinco ou seis anos, o resto da familia no sofá, e desde entón ningún sitio me volveu parecer tan cómodo coma o chan da ‘salita’.

Outros falaban de ‘Aquellos maravillosos años‘, e tamén saíu ‘Canción triste de Hill Street‘. Pero se teño que elexir unha, quédome con ‘Doctor en Alaska‘. Que, por certo, non está en Netflix nin en HBOesas bibliotecas de Alexandría do audiovisual.

Podes ler o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...