InicioSociedadeLugo continúa coa tendencia á estabilización ao sumar só tres casos activos...

Lugo continúa coa tendencia á estabilización ao sumar só tres casos activos máis

O número total de positivos ascende a 566 e a provincia suma quince altas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense practicamente estable con respecto ao pasado martes, segundo a estatística oficial ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Consellería de Sanidade contabiliza 566 positivos, tres máis ca o día 7. Ademais, segue a baixar a presión nos hospitais tras sumar quince altas.

Do total de casos activos, quince permanecen na UCI (os mesmos ca onte), 55 en hospitalización (-10) e os outros 496 no seu domicilio (+13).

O número de persoas falecidas mantense en 16, sen ningún pasamento no último día.

GALICIA

A nivel autonómico, o número de positivos en Galicia ascende a 5.460, só 25 máis ca os rexistrados onte. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...