InicioSucesosAtopan falecido o septuaxenario que desaparecera o luns en Friol

Atopan falecido o septuaxenario que desaparecera o luns en Friol

O corpo sen vida foi localizado nun piñeiral próximo a Rosende, na parroquia de Anxeriz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos de servizos de emerxencia atoparon falecido na mañá deste martes no concello de Friol un home septuaxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde este luns.

Segundo informou o 112 Galicia, o corpo sen vida do home foi localizado sobre as 8:00 horas deste martes nun piñeiral próximo ao lugar da súa desaparición, en Rosende (Anxeriz).

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición ás 21:15 horas deste luns a través dun veciño do septuaxenario, que indicou que faltaba da casa desde as 17:00 horas.

Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia informouse os feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron os membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Friol.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...