InicioOpiniónDía 19 de corentena: un confinamento sen peixe nin verbenas

Día 19 de corentena: un confinamento sen peixe nin verbenas

O confinamento e o parón produtivo tamén lle afectou duramente a Jesús López, veciño de Bazal, en Pantón. Aínda que o seu traballo está incluído no sector da alimentación decidiu parar, e coméntanos que outra das súas fontes de ingresos, a música, tamén se viu prexudicada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. Jesús López, ‘Suso’ para os amigos, é repartidor de peixe de martes a venres e músico as fins de semana e os festivos. Como moitos de nós, leva o confinamento con resignación ou, como me di a min, “con paciencia e un pouco de optimismo”. A verdade é que a situación actual estalle prexudicando as dúas actividades profesionais ás que se dedica, o reparto de peixe polas aldeas e as súas actuacións co ‘Dúo Paradaisse’.

Tiña oído falar del por amigos en común e xa me anticiparon que era unha boa persoa, moi traballador, humilde e un gran músico e animador de festas e verbenas. Polo que puiden falar con el, creo que a descrición se adapta á realidade.

Que é moi traballador xa me queda claro cando me explica os percorridos que fai de martes a venres para repartir peixe en concellos do sur de Lugo pero tamén nalgúns do norte de Ourense. Vive en Bazal, no Concello de Pantón, e os días de reparto ten que baixar a San Cibrao das Viñas -Ourense- para mercar o peixe que chega de Vigo.

Podes seguir lendo o artigo completo de X.M.F. no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...