Home Lugo e contorna Lugo Non, o HULA non pide máscaras de mergullo do Decathlon para os profesionais sanitarios

Non, o HULA non pide máscaras de mergullo do Decathlon para os profesionais sanitarios

0
Non, o HULA non pide máscaras de mergullo do Decathlon para os profesionais sanitarios
HULA | Grupo San José

EFE.- O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) desmentiu un novo boato que se difundiu a través da rede de mensaxería WhatsApp, segundo o cal o complexo hospitalario estaba a pedir “máscaras de mergullar” dunha coñecida marca de roupa e accesorios deportivos para protexer os seus sanitarios fronte ao coronavirus ou para usalas como respiradores.

Na citada mensaxe, dise que no HULA “están desesperados” pola falta de medios para facer fronte á pandemia do Covid-19, de modo que piden a colaboración da cidadanía para facerse con “máscaras de mergullar” do Decathlon. De feito, nesa mensaxe afírmase que, se alguén está disposto a cedelas, unha ambulancia pasará a recollelas polo seu domicilio.

Fontes do hospital saíron ao paso deste boatron e desmentiron de forma rotunda o contido desa mensaxe, porque é “completamente falso”.

OUTROS BOATOS

Non é a primeira trola que circulou estes días polas redes sociais en relación ao HULA. Hai unhas semanas, viralizárase unha mensaxe na que unha muller advertía da chegada ao HULA dun autobús cheo de xubilados contaxiados por coronavirus. Tratábase doutra noticia falsa, pola cal a Fiscalía Provincial xa abriu dilixencias logo de que a Policía Nacional identificara a súa autora.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here