InicioOpiniónDía 18 de corentena: 'Héroes en zapatillas'

Día 18 de corentena: ‘Héroes en zapatillas’

A música revélase como unha gran axuda para levar o confinamento. Na Mariña, varios artistas compuxeron unha canción colectiva dende cadansúa casa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ramón González Rey | Músicos de Ribadeo veñen de quitar Héroes en zapatillas‘, un videoclip dunha canción colectiva que compuxeron entre todos desde as súas casas, nestes días de confinamento por mor do coronavirus. “Esta é a nosa pequena homenaxe ás persoas que se foron e ás que evitan que outros se vaian, ás que saen por nosoutr@s e ás que se quedan na casa, explican.

Estes días vin unha reflexión que circula por redes que me pareceu interesante. Viña a dicir que o debuxo, a educación física e maila música, as materias que se soen considerar “Marías” no sistema educativo -as supostamente máis doadas e menos relevantes- son as que nos están a axudar a pasar a corentena.

Non fai falta pensalo moito para darse conta: un amigo co que hoxe mesmo chateei por WhatsApp -mellor era un viño, si- está a publicar nas redes os seus debuxos. Outro manda unha foto: arreglouse para poder pedalear un rato na bici desde a cociña. Eu tiro de Spotify ou de Youtube.

Podes seguir lendo o artigo completo de Ramón González Rey no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...