InicioSociedadeOutros dous falecidos por coronavirus no HULA e 456 positivos confirmados na...

Outros dous falecidos por coronavirus no HULA e 456 positivos confirmados na provincia

A morte de dous homes de 71 e 91 anos fai un total de nove finados pola Covid-19 na provincia. En Galicia supéranse os 4.000 casos activos, con 115 falecementos e 259 altas. O Sergas indica que a taxa de letalidade na nosa comunidade é a máis baixa de España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade confirmou o falecemento por coronavirus de dous varóns, de 71 e 91 anos, ingresados no HULA. Desta maneira, a provincia xa contabiliza nove mortes pola Covid-19, mentres que o número de infectados ascende aos 456, segundo a última actualización do Sergas.

Esta cifra supón 87 casos activos máis ca os rexistrados onte, 31 de marzo. Deles, trece permanecen na UCI, 78 en hospitalización e 367 nos seus domicilios, sendo estes últimos os que máis se incrementaron nas últimas 24 horas (+76).

Dende onte, déronse catro altas máis a pacientes infectados por coronavirus na provincia, de forma que xa suman un total de 17 altas na área sanitaria de Lugo. 

RESTO DE GALICIA

No referido ao conxunto galego, Sanidade informa de 4.058 casos activos, dos que 906 pertencen á área da Coruña; 559 á de Ourense; 382 á de Pontevedra; 955 á de Vigo; 581 á de Santiago; e 219 á de Ferrol. O número de falecementos ascende a 115 e as altas confirmadas soben ata as 259. 

Ademais, os datos do Sergas indican que Galicia presenta a taxa de letalidade máis baixa de todas as comunidades autónomas de España. Isto fai referencia á porcentaxe de falecementos respecto do total de contaxiados, sendo en Galicia dun 2’32% fronte ao 8’86% da media estatal. Tan só as cidades autónomas de Ceuta e Melilla teñen unha taxa inferior.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...