InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigado un home como suposto autor dun incendio forestal en Baralla

Investigado un home como suposto autor dun incendio forestal en Baralla

O pasado 5 de xaneiro arderon 0,1 hectáreas de monte raso na parroquia de San Pedro de Sixirei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Policía Autonómica de Lugo, en colaboración con axentes ambientais do Distrito Forestal VII A Fonsagrada-Os Ancares, esclareceron un incendio forestal que se produciu no municipio lucense de Baralla e tomaron declaración como investigado ao suposto autor do lume.

Segundo informa a Policía Autonómica, o incendio forestal produciuse o pasado 5 de xaneiro na parroquia de San Pedro de Sixirei, onde arderon 0.1 hectáreas de monte raso.

De acordo coa investigación realizada polos axentes, o incendio produciuse cando o investigado estaba a realizar varias queimas, sen permiso e sen tomar as medidas de precaución oportunas para evitar que o lume se propagase.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá. Trátase da sexta persoa investigada pola Policía Autonómica no marco da campaña contra os incendios forestais deste ano.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...