InicioSociedadeLugo rexistra outros 45 positivos e a cifra total ascende ata os...

Lugo rexistra outros 45 positivos e a cifra total ascende ata os 289

Os casos activos en Galicia alcanzan os 3.476, con 168 altas e 79 falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -
A área sanitaria de Lugo contabiliza 289 positivos por coronavirus, 45 máis ca os rexistrados no día de onte, segundo datos da Consellería de Sanidade. Ata o momento, producíronse sete mortes na provincia, tras o domingo negro no que faleceron tres persoas no Hospital Universitario Lucus Augusti.

En Lugo permanecen na UCI 11 doentes, dous máis ca onte. Mentres, o número de hospitalizacións sitúase en 57 (catorce na Mariña, sete en Monforte, 1 nos Ollos Grandes e os demais no HULA). Os outros enfermos atópanse no seu domicilio.

RESTO DE GALICIA

​A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade tamén informa de que os casos activos en Galicia ascenden a 3.476, con 168 altas e 79 falecementos. Do total de pacientes, 807 son da área da Coruña, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.
+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...