Home Lugo e contorna Lugo Identificada a autora do audio viral sobre a falsa chegada dun bus ao HULA con persoas infectadas

Identificada a autora do audio viral sobre a falsa chegada dun bus ao HULA con persoas infectadas

0
Identificada a autora do audio viral sobre a falsa chegada dun bus ao HULA con persoas infectadas
Uso dun teléfono móbil / 65ymas.com

Hai uns días fixérase viral na cidade de Lugo un audio de WhatsApp que alertaba da chegada ao HULA dun autobús cheo de persoas contaxiadas por coronavirus. A Policía Nacional xa desmentiu no seu momento esta información falsa e agora veñen de identificar a autora deste boato.

A Policía Nacional deu parte á autoridade xudicial a través dun informe policial remitido ao Ministerio Fiscal, logo de realizar as correspondentes investigacións para coñecer a identidade da persoa que difundira tal audio.

Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo volveu confirmar á Policía Nacional “a falsidade” do relatado na mensaxe viral.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here