InicioPolíticaIndignación logo de que a Xunta entregara aos concellos material de protección...

Indignación logo de que a Xunta entregara aos concellos material de protección “caducado ou roto”

Luvas de perruquería ou máscaras de uso non sanitario. Eses son algúns exemplos da mercancía que enviou o Goberno galego a algúns municipios. Alcaldes quéixanse de que este material non se pode uitlizar e acusan a Xunta de facer como no Prestige: anunciar "a todo bombo" a entrega duns equipos en mal estado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Indignación entre moitos alcaldes galegos ante a gran operación publicitaria posta en marcha pola Xunta do PP para dotar aos concellos de material sanitario. Moito deste material chega en malas condicións, caducado, roto ou mesmo sen funcións sanitarias garantidas.

Xa non se trata dunha cuestión política, senón puramente sanitaria. Non só critican os alcaldes do PSOE, tamén o fan os do BNG e algúns do propio Partido Popular. “Moito do material que mandan non está en condicións de ser utilizado”, denuncian. Por iso fan unha apelación á cooperación leal da Xunta de Galicia cos concellos nesta crise sociosanitaria causada polo COVID-19.

Moito deste material son máscaras ou luvas que non son de uso sanitario, senón de uso en perruquerías. Chega caducado, sen esterilizar e, nalgúns casos, en malas condicións ou rotos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...