InicioSociedade"Os datos de uso do bus en Lugo corroboran que a xente...

“Os datos de uso do bus en Lugo corroboran que a xente está a quedar na casa”

Segundo os datos da área de Mobilidade, o uso do transporte público reduciuse en máis de 7.000 pasaxeiros por día de media desde a declaración do estado de alarma,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, deu conta do uso do bus dende a declaración do estado de alarma e precisou que o número de persoas que empregan o transporte menguou de maneira notable. “Os datos corroboran que a veciñanza de Lugo está a quedar na casa e só usa o bus en casos de necesidade“, sostivo.

En concreto, segundo os datos da área de Mobilidade, o total de pasaxeiros na primeira semana de marzo —cando aínda non se decretara o estado de alarma— foi de 8.620, mentres que na última semana se rexistraron 1.344 usuarios. Malia a caída do número de pasaxeiros, os servizos de transporte mantéñense porque seguen sendo precisos para aquelas persoas que se teñen que desprazar ao seu centro de traballo, por exemplo.

Na liña 9A, que conecta o centro co Ceao, pasouse dunha media de 839 pasaxeiros a tan só 130. Nas liñas do HULA, pasouse de 524 a 131. No resto de liñas que circulan polos barrios da cidade, a media de ocupación baixou de 444 a 51 pasaxeiros. Segundo Rubén Arroxo, “o bus con máis pasaxeiros desta semana tiña máis de 100 prazas e só ían 24 persoas”

Rubén Arroxo explicou que “para evitar riscos de contaxio ás persoas que conducen, o servizo de autobuses pasou a ser gratuíto, evitando así o contacto entre as persoas usuarias e quen conduce os vehículos”. Para cumprir a norma do 50% da capacidade marcada polo Real Decreto, foron precintadas unha de cada dúas filas de asentos para aumentar así a distancia de separación entre as persoas usuarias.

ÚLTIMAS

O Arde Lucus ofrecerá este ano máis de 320 actividades do 12 ao 15 de xuño

Lugo prepárase para o Arde Lucus, a que é por terceiro ano consecutivo festa...

Os túneles de Doncos e Cereixal, na A-6, permanecerán cortados durante tres noites esta semana por obras

O Ministerio de Transportes realizará cortes de tráfico durante as noites deste martes, mércores e xoves...

Pillan en Lugo a un ciclista que cuadriplicaba a taxa de alcol

Axentes da Policía Local interceptaron nunha avenida da cidade de Lugo a un ciclista...

O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións para construír tres parques eólicos en Lugo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) decretou a suspensión, de forma cautelar, das autorizacións...