InicioSociedadeVÍDEO | O alcalde de Friol sobe ao seu tractor para desinfectar...

VÍDEO | O alcalde de Friol sobe ao seu tractor para desinfectar as rúas da vila

José Ángel Santos empregou maquinaria da súa explotación agrícola para avanzar nos labores de limpeza ante a crise do coronavirus. "Facer todo ese traballo unicamente con medios humanos era inviable", precisou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, sumouse as tarefas de desinfección das rúas municipais coa axuda do seu tractor particular. Ao ver que o persoal de mantemento non daba abasto cos medios propios do Concello, Santos fixo uso da maquinaria da súa explotación agrícola para unirse a estes traballos de limpeza.

Como medida de prevención fronte ao coronavirus, o Concello de Friol decidiu desinfectar todas as rúas da capital municipal, así como os accesos e vías do polígono industrial. “A responsabilidade forma parte do noso cometido”, dixo o alcalde a EFE. Por iso, el botou man dun dos seus tractores e unha sulfatadora agrícola de 1.200 litros de capacidade, na que mesturaron os produtos desinfectantes con auga.

“Estamos nunha situación extraordinaria e hai que facer actuacións extraordinarias”, precisou José Ángel Santos, quen explicou que utilizou os medios da súa explotación para “botarlle unha man ao persoal de mantemento” municipal, porque “facer todo ese traballo unicamente con medios humanos era inviable”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...