InicioSociedadePepe, dependente e en cadeira de rodas: "Hai veciños incomunicados"

Pepe, dependente e en cadeira de rodas: “Hai veciños incomunicados”

PUBLICADA O

- Advertisement -

No rural galego a corentena vívese de moitas formas. Non é como a cidade. Hai campo e a xente pode saír á horta, pero tamén teñen carencias importantes. Nalgúns sitios é necesario coller o coche para mercar e están illados tecnolóxicamente.

É unha fenda tecnolóxica que o Colexio oficial de Telecomunicacións xa denunciou e que só pasará, afirma o alcalde de San Xoán de Río (Ourense) e vogal do colexio, Xosé M. Blécua, cunha lexislación que obrigue a dotar deste servizo, tamén hai poboacións que nin sequera teñen servizo a domicilio.

É o caso de Moncelos, unha aldea de Abadín (Lugo). Pepe Rodríguez, que ten a dificultade engadida de que depende da súa cadeira de rodas, acode ao supermercado no seu vehículo para levar a casa o necesario. De momento, asegura que a vida “practicamente segue normal”, pero observa a evolución do que pode pasar “con algo de preocupación”.

Antes había servizo de venda ambulante de peixe, pero a persoa que se encargaba está de baixa e xa non vai polo pobo. Pepe Rodríguez reclama “máis servizos” para o rural, do que agora “todos se acordan”. “Non se dan conta ata que isto ocorre, porque moitos veciños están incomunicados (non teñen vehículos) e hai xente que non ten medios”, advertiu.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...