InicioSociedadeO coronavirus chega xa ao cárcere de Bonxe

O coronavirus chega xa ao cárcere de Bonxe

Un funcionario deu positivo por coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un funcionario do Centro Penal de Bonxe, na provincia de Lugo, foi o primeiro en dar positivo por coronavirus deste colectivo en Galicia, segundo informaron a EFE fontes da Secretaría Xeral de Institucións Penais.

As mesmas fontes precisaron que o funcionario traballou por última vez no centro penal de Bonxe o pasado 10 de marzo. Tras atoparse mal, fóronlle realizadas as probas de coronavirus e deu positivo, polo que, de forma inmediata, adoptáronse as correspondentes medidas de precaución para evitar a propagación do virus.

En España deron positivo a día de hoxe un total de 22 traballadores de institucións penais e 2 internos.

Desde a Secretaría Xeral infórmase de que as instrucións son, “ante a sospeita dun posible caso de coronavirus, de que se lles realicen aos funcionarios de prisións os test correspondentes o máis rápido posible”, precisamente porque traballan “cun colectivo”, o dos presos, que se considera “fráxil”. Trátase, aclaran as mesmas fontes, de “protexer aos traballadores”, porque así tamén “se protexe aos internos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...