InicioSociedadeLugo declara non gratos aos membros da 'Manada'

Lugo declara non gratos aos membros da ‘Manada’

Os seis grupos da corporación acordaron unha declaración de repulsa á conduta destes individuos, coa intención de mandar unha mensaxe pedagóxica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo manda unha mensaxe de unidade e firmeza contra a violencia machista. Os seis grupos políticos presentes na corporación municipal acordaron un comunicado institucional para declarar persoas non gratas aos cinco membros da Manada. O texto foi consensuado este xoves antes do pleno, durante a xunta de voceiros.

Para a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, “esta declaración vén a manifestar a repulsa e o rexeitamente social a unha conducta e a este tipo de actitudes”. A rexedora fixo énfase en que estas condutas “non son illadas”, e malia “que neste caso é nominativamente ás dos cinco compoñentes da Manada”, esta protesta pódese facer extensiva “a tantos e tantos casos e a outros tantos intentos”.

“Trátase de que teña carácter educativo e pedagóxico, co que mandamos unha mensaxe de que estamos en contra da falta de igualdade e dos abusos por violencia dun xénero sobre outro”, subliñou Méndez.

O DOCUMENTO

A posta en liberdade, por parte da Audiencia Provincial de Navarra, dos cinco membros de “La Manada”, despois dunha sentenza que os condenaba a 9 anos de condena por abusos sexuais e por roubo con intimidación, supuxo un duro golpe para as mulleres vítimas de violacións ou abusos sexuais. Tamén xerou rexeitamento e alarma social que levou a mobilizarse nas rúas a miles de persoas en múltiples municipios.

As institucións deben tomar iniciativas encamiñadas a educar e prever todo tipo de violencia machista, pero tamén visibilizar feitos que son un clamor social. Feitos coma este en cuestión, que amosou que a sociedade está camiñando por diante das institucións, da lexislación e da propia xustiza, o cal simboliza que estamos nunha situación na cal a xente pide cambios de fondo.

O Concello de Lugo, sensible ante a dor da vítima de “La Manada” e doutras vítimas de feitos que denigran  as liberdades das mulleres, non pode pasar por alto esta situación.

No pasado mes de maio aprobouse unha declaración institucional expresando o rexeitamento ao fallo da sentenza xudicial ao grupo de “La Manada”, e agora temos que dar un paso máis, declarando persoas non gratas aos membros de “La Manada”,  instando a FEGAMP a trasladar aos municipios aos que representan que se pronuncien neste sentido. As mulleres e homes dos concellos galegos non aceptamos a individuos que son capaces de intimidar, roubar e violar a mulleres, e que polo tanto non son benvidos.

Por todo isto, este pleno municipal acorda declarar aos cinco membros do grupo coñecido polo nome de “La Manada”, José Ángel Prenda Martínez, Ángel Boza Florido, Antonio Manuel Guerrero Escudero, Alfonso Jesús Cabezuelo, Jesús Escudero Domínguez, condenados a 9 anos de prisión por abusos sexuais e roubo con intimidación, como persoas non gratas dentro do termo municipal de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...