InicioOpiniónDía 4 de corentena: días nos que o traballo "non dá nin...

Día 4 de corentena: días nos que o traballo “non dá nin para cubrir a luz”

X.M.F, dende o Xornal de Lemos, fala con empresarios e veciños do sur de Lugo. Como viven eles o peche dos negocios e a imposibilidade de saíren da casa?

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | Neste cuarto día de crónica sobre a corentena tócame a min, e a decisión é baixar –virtualmente- á Comarca de Quiroga para sondar os ánimos e coñecer como están a vivir esta situación insólita os veciños e veciñas do lugar.

Para empezar, chamo a un dos policías municipais de Quiroga entendendo que terá unha perspectiva ampla do día a día por estar traballando para manter o orde, pero nesta ocasión cun ‘plus de autoridade’ por iso de ter que facer cumprir o Decreto de Alarma Social. Chamo a ‘Tito’, co que teño máis confianza, e cólleme o teléfono algo sufocado. Pregúntolle que lle pasa e dime que acaba de botar unha carreira detrás dunha vaca que andaba solta pola Ribeira, un barrio de Quiroga. […]

XENTE DE FÓRA NAS ALDEAS

En canto ás roldas para facer cumprir o ‘confinamento’ di que en xeral a xente estase comportando […] Nas aldeas nota bastante despreocupación, “parece que para algúns isto non vai con eles”, comenta. “Tiven que desfacer grupiños de xente nos pueblos”, dime tamén con seriedade.

Cando lle pregunto polas casas baleiras que fan de segundas residencias dime que se está notando moito que agora están ocupadas, “veu moita xente de fóra, tamén aos pueblos”. “E a algúns parécelles mal que lles digas que teñen que estar confinados/as”, engade.

Continúo a quenda de chamadas e falo con Juan Luís, un rapaz que rexenta a Libraría Celia no núcleo urbano de Quiroga […] Ao falar do negocio e de números di claramente que estes días “non dá nin para cubrir a luz” e para venda online e a domicilio non hai movemento.

Podes ler o artigo completo de X.M.F. no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...