InicioDeportesAsí adestran os xogadores do CD Lugo durante a corentena: nin mansións...

Así adestran os xogadores do CD Lugo durante a corentena: nin mansións nin ximnasios privados

O club publicou nas súas redes unha serie de exercicios deseñados polos técnicos do equipo, pero tamén pensados para que poidan ser adaptados polos seareiros nos seus domicilios. "A mellor defensa para frear o virus é ser un equipo e quedar na casa", manifestou Djaló.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Os futbolistas do CD Lugo tamén se ven afectados polo illamento, froito da pandemia do coronavirus. Coas competicións deportivas en pausa e coa prohibición de saír ao exterior, vense obrigados a buscaren outras maneiras de manterse en forma. Por iso, o club publicou nas redes sociais un vídeo de exercicios deseñados polo preparador físico do primeiro equipo, Pepe Pons, para que os xogadores poidan adestrar mentres respectan o confinamento.

O conxunto galego exhibe unha serie de tarefas que se poden realizar nos domicilios e avogou por “adaptalas á condición física” de cada persoa, tamén dos seareiros. “Os preparadores físicos do Lugo queren axudarvos a facer deporte estes días e mantervos en forma”, apunta o club.

DJALÓ: “EU AMAÑO CO SALÓN DA MIÑA CASA”

O central Marcelo Djaló explicou que tanto el coma os seus compañeiros seguen un “plan específico de exercicios” que lles proporcionaron os técnicos. En declaracións ao club, manifestou que o enxeño se fai necesario para futbolistas que non teñen “as mansións con ximnasio ou sala de máquinas, como poden ter os xogadores dos grandes clubs do mundo“. “O importante é seguir a rajatabla o que nos pediron. Eu amaño co salón da miña casa e o material que nos proporcionou o club para manterme en forma”, sinalou.

AO TELÉFONO COS COMPAÑEIROS

Ademais recoñeceu que tamén pasa bastante tempo ao teléfono cos seus compañeiros, “sobre todo con Leuko” e co seu veciño Roberto Canella, ao que ve pasear ao can, do mesmo xeito que fai el de cando en vez para sacar “por necesidade” á súa golden retriever.

Tamén segue a dieta da nutricionista “para tentar que este parón se note o menos posible”. Polas tardes afronta “outra sesión de traballo no salón de casa”, sempre “pendente das noticias que van saíndo”.

“SER UN EQUIPO” PARA FREAR O VIRUS

O central branquivermello considerou que “a mellor ‘defensa’ para frear este virus é ser un equipo e quedar na casa”. Ademais, lamentou que “o parón chegase neste momento da tempada” no que o equipo estaba nunha “dinámica positiva”, aínda que deixou claro que “o primeiro é a saúde e estar máis unidos que nunca en algo que é unha catástrofe mundial”. EFE

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...