InicioSociedadeMáis do 10% dos contaxiados por coronavirus inféctanse a través de pacientes...

Máis do 10% dos contaxiados por coronavirus inféctanse a través de pacientes sen síntomas

Así se extrae dun estudo recollido no National Geographic, no que se asegura que a única maneira de frear o virus é o estrito confinamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Texas en Austin descubiron que máis do 10% dos pacientes de coronavirus adquiren o contaxio a través de alguén que nin sequera presenta síntomas. O alto número de persoas que infecta cada portador do Covid-19 e o pouco tempo que tarda en propagarse (menos dunha semana) confirman que estamos diante dunha epidemia cunha elevada velocidade de transmisión.

O estudo, publicado na revista  Emerging Infectious Diseases e recollido polo National Geographic, é unha das primeiras investigacións que ten en conta os transmisores asintomáticos do coronavirus. Logo de examinar máis de 450 informes de casos de infeccións en 93 cidades chinesas, o equipo de investigadores puido concluír que arredor dun 10% dos contaxios se producía vía transmisión asintomática.

A transmisión asintomática fai que a contención do virus sexa tremendamente complicada”, segundo explicou a profesora Laura Meyers nunha nota de prensa recollida polo National Geographic. De aí que estean xustificadas medidas de control tan severas como as corentenas, impostas en España dende o pasado fin de semana, cando se aprobou o estado de alarma.

CONTAXIOS CADA CATRO DÍAS

Esta mesma profesora comparou a capacidade exponencial de transimisión do Covid-19 co virus do ébola. No primeiro caso, falamos de catro días de marxe para un segundo contaxio, mentres que o ébola tardaba varias semanas en propagarse. “Ante semellante ameaza, non queda máis remedio que movernos rapidamente”, asegura Meyers.

ÚLTIMAS

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...

José Tomé defende que “o futuro está na terra” nun foro sobre enxeñería forestar e agraria

"O futuro está na terra", así comezou a súa intervención o presidente da Deputación...

O TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por agresión sexual á neta dos seus veciños en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...