Home Lugo e contorna Lugo Unha lucense versiona a famosa canción ‘Tusa’ e anima a ‘tusir na casa’ para non propagar o virus

Unha lucense versiona a famosa canción ‘Tusa’ e anima a ‘tusir na casa’ para non propagar o virus

0
Unha lucense versiona a famosa canción ‘Tusa’ e anima a ‘tusir na casa’ para non propagar o virus
Fotograma do videoclip oficial de 'Tusa', de Karol G e Nicki Minaj | VEVO

En tempos de corentena, a música e o humor convértense nuns dos mellores aliados. O aburrimento pode impulsar a creatividade e as redes sociais énchense de propostas de entretemento para axudar a pasar os días de peche. Un exemplo é un vídeo que compartiu a lucense Xeila Juanes no seu Instagram, onde versiona a famosa ‘Tusa‘ de Karol G e Nicki Minaj para adaptala á situación que nos tocou vivir por mor do coronavirus.

“Xa non tes escusa. Tes que quedar na casa, teñas gripe ou non tusas”. Así comezan os primeiros versos da ‘Tusa, de tusir na casa’, como escribe ela. Esta versión, que recolle referencias explícitas á cidade de Lugo, procura facer rir e concienciar á xente da necesidade de non saír da vivenda para non propagar o virus.

Velaí o vídeo, que xa leva máis de 2.000 reproducións nun só día:

Ver esta publicación en Instagram

 

Dadas as peticiois para compartir o invento aquí vos deixo a Tusa de tusir na casa. @tvgalicia por si.

Una publicación compartida de Xeila Juanes (@taxagaro) el

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here