Home Lugo e contorna Lugo O HULA incorpora un equipo que permite diagnosticar o coronavirus en menos de dúas horas

O HULA incorpora un equipo que permite diagnosticar o coronavirus en menos de dúas horas

0
O HULA incorpora un equipo que permite diagnosticar o coronavirus en menos de dúas horas
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | Grupo San José

EFE.- O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) dispón desde hoxe dun novo equipo que permite realizar un diagnóstico por coronavirus en algo menos de dúas horas. Esta técnica axudará aos profesionais sanitarios a mellorar o tempo de resposta e a toma de decisións, segundo informou o Sergas.

O director asistencial da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, o doutor Rafael Monte, explicou que “coa técnica dispoñible ata onte” podíase obter un diagnóstico nun período de “tres a catro horas”, o que ao seu xuízo xa era “un tempo razoable”. “Coa que puxemos hoxe en marcha, ese diagnóstico pódese acurtar a algo menos de dúas horas”, precisou.

COMO EVOLUCIONARÁ?

Desde o seu punto de vista, “é unha axuda”, especialmente “se aumenta o número de casos”, porque permitirá “mellorar a toma de decisións en tempo real”. Monte coida que esa posibilidade —a de que aparezan novos casos— é un “escenario esperable e lóxico” no marco dunha “epidemia” coma esta.

Así, pon de exemplo o que sucede en Madrid ou en Álava. “Xa veremos que alcance ten en Galicia. Non é das comunidades con máis casos neste momento, senón ao revés, pero é de esperar que aumente o número de casos” nos próximos días, indicou. Aínda así, e sen deixar de estar en “alerta”, Monte tamén fixo un chamamento a manter a “serenidade”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here