Home Terra Chá Castro de Rei Pedro Duque comparte a súa experiencia como astronauta nun evento celebrado en Rozas

Pedro Duque comparte a súa experiencia como astronauta nun evento celebrado en Rozas

0
Pedro Duque comparte a súa experiencia como astronauta nun evento celebrado en Rozas
Videoconferencia de Pedro Duque na xornada 'Science Truck', en Castro de Rei | ALX

O programa de divulgación científica ‘Science Truck‘ celebrouse esta mañá no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas co obxectivo de fomentar a curiosidade científica na mocidade. O evento, centrado na enseñería aeroespacial e aeronáutica, contou coa participación do ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, que afondou na súa experiencia como astronauta.

A través dunha videochamada, Duque lembroulles a uns douscentos estudantes de toda Galicia a importancia da tecnoloxía aeroespacial. Fíxoo nunha xornada de portas abertas organizada polo Polo Aeroespacial de Galicia coa colaboración da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

No encontro tamén estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a directora xeral da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, Paloma Domingo; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Javier Santaolalla e Rocío Vidal foron os encargados de conducir o evento, que foi seguida in situ por 180 alumnos de secundaria e que tamén se emitiu en directo polas redes sociais.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here