InicioMedioambiente e PatrimonioO xacemento de Pena Grande, danado por unha plantación de eucalipto

O xacemento de Pena Grande, danado por unha plantación de eucalipto

Os traballos forestais deixaron sucos na masa tumular e removeron parte da estrutura da mámoa novena do xacemento de Pena Grande en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha das mámoas do xacemento de Pena Grande, en Vilalba, resultou afectada polos traballos dunha suposta plantación ilegal de eucalipto. Así consta na denuncia presentada perante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) polos grupos Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e Patrimonio da Mariña. O ben patrimonial foi danado polos profundos sucos realizados sobre a estrutura da mámoa novena.

Este sitio arqueolóxico é de gran valor. Está conformado por dez túmulos e dous abrigos paleolíticos. Segundo indicaron as asociacións denunciantes, as operacións de maquinaria na plantación de eucalipto removeron parte da estrutura, afectando á cámara de devandita mámoa. O ben patrimonial agrupa diferentes vestixios arqueolóxicos que, debido á súa antigüidade, están considerados entre os máis importantes de Galicia.

Danos na mámoa de Pena Grande en Vilalba | Monte da Esculca
Danos na mámoa de Pena Grande en Vilalba | Monte da Esculca

Deste espazo saíron centos de pezas de cuarzo e sílex que agora están no Museo da Prehistoria de Vilalba. O xacemento é parte dun predio de 35 hectáreas de titularidade pública, resultado da concentración parcelaria. Este conxunto ía ser subastado en novembro polo Ministerio de Facenda por menos de 8.000 euros, mais o Concello solicitou a cesión do terreo logo das presións dos colectivos a prol do patrimonio. A comezos deste ano, a corporación local recibiu comunicación de que o xacemento de Pena Grande pasaría a ser de propiedade municipal.

Con todo, este ben patrimonial segue exposto aos usos depredadores, e dende Adega e Patrimonio da Mariña piden “sensibilidade” á Consellería de Cultura fronte a industria do eucalipto. Xa o pasado decembro, Adega e outras 17 asociacións defenderon no Parlamento Europeo unha batería de medidas para limitar a eucaliptización e protexer o patrimonio histórico, despois das 60 denuncias presentadas conxuntamente con Mariña Patrimonio contra o sector forestal por danos a mámoas, dolmens, castros ou petroglifos.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...