Home Política Feijóo visita Vilalba e presume de “compromiso” coa vila: “É a máxima prioridade para o Goberno”

Feijóo visita Vilalba e presume de “compromiso” coa vila: “É a máxima prioridade para o Goberno”

0
Feijóo visita Vilalba e presume de “compromiso” coa vila: “É a máxima prioridade para o Goberno”
O presidente da Xunta e candidato do PP á reelección, Alberto Núñez Feijóo, nun acto coa veciñanza de Vilalba | ALX

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou Vilalba como “prioridade máxima” para o Goberno galego e reivindicou o investimento realizado na localidade, como a posta en marcha da escola infantil e os máis de 60 millóns destinados aos sectores da agricultura e gandaría.

Durante unha visita ao municipio, Feijóo repasou algúns dos investimentos realizados no municipio, como a mellora do centro de saúde e do auditorio, os investimentos en saneamento e abastecemento e a posta en marcha da escola infantil, con 74 prazas novas.

Un dos puntos máis destacados foi o sector agrario, con máis de 60 millóns destinados a familias que se dedican a gandaría e agricultura.

“Estamos a ver como esta localidade está a converterse nunha das grandes capitais de España no sector lácteo“, incidiu, tanto polo impacto do leite que se recolle nesta zona como pola súa transformación en produtos elaborados.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here