Home Lugo e contorna Lugo Evacuado o único afectado por queimaduras nun incendio en Curutelo

Evacuado o único afectado por queimaduras nun incendio en Curutelo

0
Evacuado o único afectado por queimaduras nun incendio en Curutelo
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste luns a unha persona que resultou afectada por inhalación de fume e sufriu queimaduras nun incendio nunha casa en Lugo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o aviso por lume chegou sobre as 13.20 horas no número 7 do lugar de Curutelo, na parroquia das Pías. O incendio calcinou un colchón nunha das habitacións da vivenda.

Ata a zona desprazáronse inicialmente efectivos dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou os feitos ao 061, que asistiu á vítima no lugar para logo trasladala ao centro hospitalario.

+ posts