Home Economía A Xunta pide por escrito que Lugo solucione as deficiencias no polígono das Gándaras

A Xunta pide por escrito que Lugo solucione as deficiencias no polígono das Gándaras

0
A Xunta pide por escrito que Lugo solucione as deficiencias no polígono das Gándaras
Polígono empresarial das Gándaras, en Lugo | Xestur Galicia

EFE.- A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, remitiulle unha carta á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para pedirlle que o Concello emende “unha serie de deficiencias” detectadas no polígono industrial de As Gándaras por parte dos empresarios que exercen alí a súa actividade.

Nesa carta, a conselleira indicou que foron os empresarios os que informaron sobre esas “deficiencias” no transcurso da reunión que mantivo o martes con eles no propio polígono das Gándaras. 

Segundo asegurou Ángeles Vázquez, os empresarios referiron “problemas de recollida de lixo e subministración de contedores, unha deficiente sinalización e falta de mantemento dos espazos públicos“. Así mesmo, Vázquez remitiulle á alcaldesa a “preocupación” dos empresarios ante a “falta de seguridade” na zona.

Así pois, pídelle a Lara Méndez que “teña en consideración” ditas demandas que “son de competencia municipal” e apelou á necesidade de “colaboración leal e institucional” entre ambas administracións —Xunta e Concello—.  “Estou convencida”, engade, de que serán atendidas “de forma satisfactoria”, o que contribuirá a facer de Lugo “unha cidade máis competitiva. EFE

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here