InicioEconomíaA Xunta saca a concurso máis de 33.000 metros cadrados de chan...

A Xunta saca a concurso máis de 33.000 metros cadrados de chan industrial no polígono das Gándaras

As empresas adxudicatarias gozarían dunha bonificación do 50% , de maneira que poderían aforrar 1'6 millóns de euros no seu conxunto, segundo estimacións da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente puxo a disposición das empresas interesadas catro parcelas de chan industrial no polígono lucense das Gándaras. A superficie total supera os 33.000 metros cadrados. Estes solares están incluídos no concurso que convocou a empresa pública Xestur o pasado 10 de febreiro e en virtude do cal os adxudicatarios se beneficiarán dunha bonificación do 50% aplicada pola Xunta sobre o prezo de venda oficial.

Así o indicou este martes a conselleira Ángeles Vázquez en Lugo, onde participou nun evento convocado pola Asociación de Empresarios do Polígono do Ceao e das Gándaras para falar da dispoñibilidade actual de chan para novos proxectos, así como dunha ampliación de superficie de uso empresarial de cara ao futuro.

Nesta materia, a Xunta sacou un novo concurso para a venda de 770.000 metros cadrados de chan empresarial en 17 parques da súa propiedade, un deles o das Gándaras, onde se ofertan catro parcelas con 33.606 metros cadrados e un prezo de venda sen bonificar de 3.192.570 euros, polo que as empresas que se fagan con estes solares beneficiaranse dun aforro estimado en case 1,6 millóns de euros.

Ademais das bonificacións do 50% aplicadas pola Xunta, a conselleira explicou aos empresarios do Ceao e As Gándaras que os interesados tamén teñen a opción de adquirir chan en réxime de dereito de superficie, unha modalidade mediante a cal os adxudicatarios abonan un canon anual equivalente ao 1,5% do prezo da parcela sen bonificar durante os dous primeiros anos. O prazo de presentación de ofertas termina o 10 de marzo.

AMPLIACIÓN DO POLÍGONO

Por outra banda, a conselleira e os representantes do sector empresarial das Gándaras tamén falaron da ampliación do polígono, cuxa primeira fase se abordará este ano e permitirá que unha soa empresa ocupe unha superficie de 25.000 metros cadrados. Tamén se prevé a construción de camiños interiores, unha rotonda e a urbanización de aproximadamente a metade da parcela correspondente á seguinte fase da ampliación.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...