InicioCulturaXavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o 'Xermade na Historia'

Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo gañan o ‘Xermade na Historia’

O Concello e os veciños de Cabreiros impulsaron a cuarta edición do certame, dotado con 2.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Xermade e a asociación de veciños de Cabreiros, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) fixeron público o fallo da cuarta edición do premio ‘Xermade na Historia’. O galardón, dotado con 2.000 euros, recaeu en Xavier Gómez Vila e Antonio Riveira Requeijo, autores da obra‘Xermade na Prehistoria. A paisaxe arqueolóxica no paleolítico, megalitismo e calcolítico’.

María José Rodríguez García, que presentou ao concurso ‘Patrimonio artístico-relixioso do Concello de Xermade: igrexas, capelas e ermidas’, obtivo o segundo premio, valorado en 1.000 euros.

O xurado estivo formado polo presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, natural de Cazás; polo escritor e técnico do Museo Provincial de Lugo Antonio Reigosa; por Manuel Souto, presidente da Asociación de Estudos Históricos e Sociais HUME deAs Pontes, e polo alcalde, Roberto García Pernas.

 

UN TRABALLO “COMPLETO E DIDÁCTICO”

Os expertos do xurado valoraron a investigación gañadora como “un traballo completo e de doada lectura”, que ten un ton “didáctico”. Os premiados recibirán os seus galardóns durante a celebración da décimo cuarta edición das Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...