InicioSociedadeDetido un mirón que se coaba na piscina de rehabilitación do HULA...

Detido un mirón que se coaba na piscina de rehabilitación do HULA e intimidaba as usuarias

As pacientes denunciaron terse sentido observadas mentres realizaban os seus exercicios de fisioterapia ou mentres se estaban duchando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.-  Un mozo de 26 anos foi detido en Lugo por axentes do Corpo Nacional de Policía como investigado por un suposto delito contra a liberdade sexual, despois de que varias usuarias da piscina do servizo de rehabilitación do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) denunciasen que un home estaba a coarse nas áreas habilitadas só para mulleres.

As usuarias que denunciaron esta situación precisaron que, desde había xa algún tempo, un mozo novo, que nun principio confundiron cun paciente do mesmo servizo de rehabilitación, coábase nos vestiarios femininos e noutras zonas habilitadas exclusivamente para mulleres.

INTIMIDACIÓN

Aínda que inicialmente non lle deron demasiada importancia a esa circunstancia, a cousa cambiou ao ver que non se trataba dunha situación illada e de que o mozo as intimidaba coa mirada ata o punto de facer que se sentisen incómodas.

De feito, fontes policiais confirmaron a EFE que algunhas mulleres sentíanse observadas por este individuo cando facían os seus exercicios de fisioterapia. Mesmo foi sorprendido nalgunha ocasión tentando mirar ás usuarias que se estaban duchando polo oco que quedaba entre o chan e a porta do biombo.

As usuarias puxeron o asunto en coñecemento dos responsables deste servizo e, finalmente, presentouse denuncia na Comisaría Provincial do Corpo Nacional de Policía, o que motivou o inicio dunha investigación.

EN LIBERDADE

Esa investigación e a vixilancia discreta que realizaron axentes da Policía Nacional terminaron no día de onte coa detención do mozo, despois de varios intentos frustrados por localizalo. Quedou en liberdade tras prestar declaración, pero permanece como investigado como un delito contra a liberdade sexual e á espera de ser citado polo xulgado.

As mesmas fontes certificaron que, neste momento, o mozo non era usuario do servizo de rehabilitación e fisioterapia do HULA, aínda que non se descarta que o fose cando comezou a comportarse desta forma. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...