InicioEconomíaConvocan mobilizacións en Lugo e Rábade ante novas "irregularidades" no servizo de...

Convocan mobilizacións en Lugo e Rábade ante novas “irregularidades” no servizo de ambulancias

Comisións Obreiras denuncia a falta de limpeza nos vehículos, a ausencia de material e o impago de nóminas, entre outros. Aseguran que a situación empeorou coa nova concesionaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) convoca este mércores mobilizacións en Lugo e Rábade para esixir que se cumpran os pregos do servizo de ambulancias. O sindicato leva varios meses denunciando irregularidades, entre as que destacan a falta de limpeza dos vehículos e os atrasos no pagamento dos salarios.

Actualmente, a conccesión deste servizo asúmea a UTE Servicios Sanitarios de Monforte e Outros (Servicios Sanitarios de Monforte, Sanitaria Lucense de Transportes e Ambulancias Luis Iglesias Carreira), pero os problemas “non son novos”. Segundo CC.OO., xa se daban situacións similares coa anterior concesionaria, Ambulancias Rubiero-Xirón, aínda que as complicacións “aumentaron” co cambio de concesión.

CC.OO. lembra que as irregularidades das empresas relacionadas co transporte terrestre de persoas enfermas en Galicia xa desembocaron nun conflito en marzo do ano pasado. Daquela convocárase unha folga, “con seguimento masivo”. Con todo, semella que as condicións non melloraron demasiado.

FALTA DE LIMPEZA, AUSENCIA DE MATERIAL E IMPAGO DE NÓMINAS

E é que “no pouco tempo que esta UTE leva a cargo do servizo —catro meses—, xa acumula varias denuncias na Inspección do Traballo”. Segundo CC.OO., os vehículos presentan “graves deficiencias”, como a falta de material para atender urxencias ou a ausencia de equipos de protección individual (EPI) para o persoal. Ademais, o sindicato tamén denuncia incumprimentos nos protocolos de desinfección das ambulancias.

Aseguran que estas incidencias “son constantemente comunicadas” ás xerencias das empresas e da propia UTE, así como á dirección do 061 e á Inspección de Traballo. “Pero ata o momento non houbo nin respostas nin solucións”, lamenta Comisións Obreiras.

Por outro lado, este sindicato denuncia que as concesionarias utilizan parte do diñeiro público para realizar despedimentos de “traballadores que unicamente esixen o cumprimento dos seus dereitos laborais”. A isto habería que sumarlle a “débeda de nóminas, pagas extraordinarias e outros conceptos salariais”.

DATA E HORA DAS PROTESTAS

Así pois, Comisións Obreiras convoca concentracións o vindeiro mércores 19 de febreiro co obxectivo de esixir solucións para estas problemáticas. Está previsto que as protestas teñan lugar na rúa Montevideo (Lugo) entre as 10:00 e as 12:00 horas da mañá; así como no polígono de SIGALSA (Rábade), entre as catro e as seis da tarde.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...