InicioSociedadeO servizo de Medicina Interna do HULA obtén o selo de calidade...

O servizo de Medicina Interna do HULA obtén o selo de calidade ‘Excelente’

Só 18 unidades hospitalarias de toda España contan con este recoñecemento, que valora o bo nivel de asistencia aos pacientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) vén de conseguir o selo de ‘Excelente’, que concede a Sociedade Española de Medicina Interna (SEMI) e que na actualidade só teñen dezaoito unidades hospitalarias en toda España, segundo informou o Sergas.

Este selo ‘SEMI-Excelente’ é un sistema de acreditación da calidade das unidades e servizos de Medicina Interna de todo o Sistema Nacional de Saúde, co que se recoñece o bo nivel da asistencia aos pacientes. Para a súa concesión valóranse aspectos como a redución da mortalidade e dos reingresos hospitalarios evitables, entre outros.

O Sergas destacou que “coa concesión deste selo de calidade, a Sociedade Española de Medicina Interna recoñece a excelencia no desempeño das súas funcións de todo o persoal do servizo de Medicina Interna do HULA”. Entenden que valoran o feito de “transcender a actividade asistencial clásica, profundar en áreas como a investigación e a docencia e cumprir con excelencia os criterios de calidade asistencial establecidos pola sociedade científica”, indica o Sergas. Ademais valora a súa capacidade de “innovación” en materia “organizativa e asistencial”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...