InicioSociedadeLuz verde á licenza de obra para construír a residencia de maiores...

Luz verde á licenza de obra para construír a residencia de maiores en Guitiriz

Este trámite municipal permite que os traballos comecen nas vindeiras semanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo obtivo este mércores a licenza de obra do Concello de Guitiriz para a construción do centro de atención a maiores na Casa da Botica. Deste xeito, os traballos para habilitar a residencia poderán comezar nunhas semanas, posto que as actuacións xa se adxudicaron 1,2M€ á empresa Joca e xa se conta tamén coa autorización administrativa da Xunta.

O Presidente, José Tomé, subliñou que, con este novo paso, “seguimos demostrando a nosa firme e clara vontade de cumprir con todos e cada un dos compromisos adquiridos cos concellos en materia de construción e posta en marcha das residencias, tal e como afirmamos dende o principio do mandato”.

“Sabemos que é unha nova moi esperada polos veciños e veciñas, que levan moito tempo agardando para ver materializado un proxecto fundamental para a localidade, tanto para mellorar o benestar, como para a creación de emprego sostible”, engadiu José Tomé.

ASÍ SERÁ A RESIDENCIA

A residencia de Guiritiz contará con tres plantas e disporá de 26 habitacións individuais para uso normal, que poden converterse en habitacións dobres. A maiores, establecerase unha habitación para uso de enfermería.

A planta baixa do edificio existente reformarase para albergar a cociña e zonas de servizo anexas, o comedor, o despacho de dirección, os aseos adaptados e unha sala de reunións, así como un distribuidor e unhas escaleiras que comunicarán esta planta coas superiores.

Na zona de nova construción situarase o acceso principal da residencia, a recepción, o monta-padiolas (que servirá tamén de ascensor), un pequeno almacén de roupa, cinco dormitorios con cuarto de baño para os residentes, e vestiarios e aseos para o cadro de persoal. Nesta parte do edificio situarase outra escaleira que unirá esta planta coas altas.

No primeiro andar contémplase unha sala multiuso, un local para fisioterapia, un ximnasio, un despacho médico, unha habitación de enfermería con baño incorporado adaptado, e dous aseos adaptados para uso xeral. Na parte de nova construción haberá 6 habitacións con baño un local para baño xeriátrico, así como unha pequena zona de estar.

Na segunda planta, haberá outros quince cuartos, así como un pequeno local para almacén e útiles de limpeza.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...