InicioSociedadeO xornalista británico que quería viaxar en tren directo Vigo-Lugo

O xornalista británico que quería viaxar en tren directo Vigo-Lugo

Sid Lowe, residente en Madrid e colaborador de medios como The Guardian ou ESPN, pregunta en Twitter, "estrañado", por que non atopa a conexión ferroviaria directa entre ambas as cidades. O seu plan é asistir ao encontro de fútbol de Segunda División entre o CD Lugo e o Oviedo, o 23 de febreiro.

PUBLICADA O

Sid Lowe é un xornalista deportivo británico especialista en fútbol español que colabora con medios como The Guardian, ESPN e The Spanish Football Podcast. Entre os seus plans, ao parecer, está asistir ao partido da Segunda División que enfrontará a CD Lugo e Oviedo no Anxo Carro, o 23 de febreiro. Residente en Madrid, a súa idea é ir até Vigo (imaxinamos que en avión) e, desde aquí, trasladarse a Lugo. E para completar a súa viaxe ocorréuselle facelo por tren. O que non sabía o coitado é que ese é un tren pantasma. Coa idea de chegar en tren á cidade amurallada desde a olívica, e contrariado porque non atopaba a conexión ferroviaria entre dúas das principais cidades de Galicia (algo inaudito, pensou coa mente posta no mundo desenvolvido no que vive), decidiu trasladar a cuestión a Twitter: “Pregunta a los que saben. ¿De Vigo a Lugo hay tren? Al parecer, no, pero me extraña”. Pregunta “ousada” pensou algún: “Usted viene de España, claro. Un poquito osado con la pregunta”, espetoulle un usuario. O pobre de Sid Lowe deuse un golpe coa realidade galega: “Para venir a Lugo en tren, o haces Vigo-Coruña, Coruña-Lugo, o Vigo-Ourense, Ourense-Lugo, ninguno de los dos recomendable por tiempos y frecuencias. Te recomendaría Vigo-Santiago en tren, Santiago-Lugo en bus. Nuestra triste realidad en pleno siglo XXI, mientras otros estrenan ya AVE lowcost“, respondeulle outro usuario. Mesma solución lle deu outro cidadán: “Vigo-Santiago en tren. Y Santiago Lugo en bus. Ojo, que sea directo este último. Me da vergüenza decírtelo, pero es mi consejo”. Houbo mesmo quen lle aconsellou descartar esas opcións e optar polo máis común e útil dos medios de transporte para desprazarse por unha Galicia que é un mundo atípico para unha mente británica: o coche. “No, no hay. Sólo autobús y creo que sólo hay uno el viernes y domingo. Mi consejo es que compensa ir en coche jajaja”, respondeulle outro usuario. Un imperio, o do coche, asumido por moitos, dadas as deficientes infraestruturas ferroviarias en Galicia: “Tocas tema sensible. Gracias a las políticas existentes tenemos movilidad del siglo pasado. Los gallegos nos vemos obligados a tener auto propio, sí o sí. Aún así, bienvenido”, comentoulle unha cidadá. O certo é que se Sid Lowe quere ir en tren, pode facelo, pero con transbordo na Coruña e, por diante, unha viaxe de 4 horas e 16 minutos para chegar do punto de orixe ao destino, separados en liña recta por tan só 128 quilómetros. Non estraña a súa reacción: “¿En serio? ¡Joder!”. Por que opción se decidirá Lowe? Non o sabemos, pero se se guía polos consellos da maioría dos que lle responderon, debería optar por Blablacar, o servizo de vehículo compartido. Ou mesmo, como chanceou algún, nunha dilixencia: “Sid, en Galicia llegas antes en diligencia a los sitios que en tren, bus… Eso sí, comerás fenomenal y te importará muy poco lo que ibas a hacer… Si es de trabajo estás jodido…”. Houbo máis chanzas, coma esta: “Aguantas más yendo a Londres andando/nadando que de Vigo a Lugo en tren”, contestoulle outro Sid Lowe segue buscando o tren Vigo-Lugo como quen busca pantasmas.

ÚLTIMAS

O PP pide explicacións ao Goberno sobre o viaduto de O Castro

Os representantes do PP por Lugo no Senado esixiron explicacións ao Goberno central sobre...

O creador lucense Javier Ferreiro estrea ‘Mariliendre’, inspirada polas súas amigas

'Mariliendre', creada e dirixida polo lucense Javier Ferreiro e producida por Suma Content de...

A Deputación de Lugo triplica a contía das axudas ás Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses

A xunta de goberno da Deputación deu este venres luz verde a novos investimentos...

CC.OO. denuncia ante Inspección de Traballo que Monbus Urbanos en Lugo debe máis de 200.000 euros en horas extra

Comisiones Obreras (CCOO) denunciou ante a Inspección de Traballo á empresa Monbus Urbanos en Lugo,...