InicioPolíticaAitor Esteban (PNV) participará en Lugo na conferencia 'Euskadi, unha nación en...

Aitor Esteban (PNV) participará en Lugo na conferencia ‘Euskadi, unha nación en Europa’

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro de EAJ-PNV no Congreso dos Deputados, Aitor Esteban, participará en Lugo nunha conferencia titulada como ‘Euskadi, unha nación en Europa’. A cita, organizada polo Ateneo Galeguista de Lugo, está prevista para este mércores 22 ás 20:00h no Hotel Méndez Núñez.

Na conferencia tamén intervirán o presidente do Ateneo Galeguista, Xaime da Pena, e o xornalista Santiago Jaureguízar.

O aforo será limitado e por orde de chegada. Tan só se reservará asento para os socios do Ateneo e para as persoas que asistan á cea con Aitor Esteban, que se celebrá xusto despois do acto no restaurante Miraz. Para anotarse na cea, cómpre poñerse en contacto coa organización, ben a través do correo electrónico (rgngon@gmail.com) ou ben vía telefónica (639.146.523).

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...